Para xestorías17 de agosto de 2026

Doce clientes, un só acceso

Como se leva unha carteira enteira desde Factuza: elixir con que cliente se traballa, revisalo sen poder emitirlle nada por erro, sacar os seus borradores de impostos e dalos de alta pegando a lista. Todas as pantallas son capturas da aplicación real.

Un despacho que leva doce clientes ten doce obrigados tributarios distintos, cada un co seu NIF, a súa numeración e a súa cadea de facturas. A pregunta práctica non é se o programa sabe facturar: é cantos clics hai entre un cliente e o seguinte, e que pasa o día que alguén se equivoca dun.

A carteira

Todos os clientes nunha pantalla, co cupo do paquete á vista. Cada fila leva as súas accións, e o cliente co que se está traballando queda marcado.

Pantalla «A miña carteira» con tres clientes, o seu NIF e os botóns de ver borradores, datos fiscais, consultar e traballar con este.
O cupo — «3 de 10» — vese antes de intentar dar de alta a ninguén.

Consultar sen poder tocar

Esta é a parte que máis nos custou decidir. Cando se entra a revisar un cliente —mirar como vai o trimestre, descargar un borrador— non se vén a emitirlle nada. E con doce nomes parecidos nun despregable, emitir no que non é faise nun despiste.

Iso non se desfai. Unha factura emitida entra na cadea de pegadas dese NIF e só se pode rectificar, nunca borrar. Así que hai un modo de consulta: vese todo, descárgase todo, e non se pode escribir nada.

O panel dun cliente en modo consulta: unha banda ámbar avisa, e os botóns de emitir factura e subir un gasto están apagados.
En modo consulta, «Emitir factura» apágase. O resto da navegación segue viva: consultar é mirar, non quedar pechado.

O freo non está nos botóns. Está no único sitio polo que pasan todas as chamadas ao servidor, así que unha pantalla nova non se pode esquecer del.

Os impostos dun cliente, en dous clics

Desde a propia carteira ábrese o trimestre de calquera deles, xa en modo lectura.

Pantalla de impostos dun cliente da carteira, co selector de modelo e período, aberta en modo consulta.
Os borradores descárganse igual: son lectura, e o freo só para o que escribe.

Convén dicilo claro, porque nisto hai moito fume: hoxe calcúlanse con datos reais o 303 e o 130. O 390, o 347, o 202, o 349, o 115 e o 111 están no produto e dinche que aínda non calculan. Preferimos que se lea escrito a que se descubra un 20 de xaneiro.

Dar de alta a carteira: pegar e listo

Ninguén vai teclear vinte clientes nun formulario de dous campos cando os ten nunha folla de cálculo. Péganse.

Ventá de importar: un cadro de texto coa lista pegada e, debaixo, unha táboa que di para cada liña se se dará de alta, se o NIF non é válido, se está repetida ou se xa está na carteira.
Antes de crear nada, di liña por liña que vai pasar.

Admite punto e coma, coma e tabulador —o que saia de Excel— e cómese soa a cabeceira. Comproba a letra de control de cada NIF, detecta os repetidos dentro da propia lista e os que xa están na carteira. E conta o cupo: se se pegan vinte e quedan catro ocos, dío antes de comezar.

E o soporte, onde se pode seguir

Sección «As miñas consultas» dentro da área de clientes, coa lista de tíckets, a súa referencia, o seu estado e a última novidade.
Cada consulta coa súa referencia e en que punto está.

O que aínda non fai

Polo mesmo motivo polo que arriba dicimos que modelos calculan e cales non:

Factuza sae o 1 de setembro de 2026. O plan Xestoría vai por paquetes de 5, 10, 20, 25, 50, 100 e 150 clientes de carteira. Que inclúe exactamente cada paquete →

Ver os prezos Falamos