Factura electrónica7 de outubro de 2026
A factura electrónica entre empresas xa ten data, e VeriFactu móvese para coincidir con ela. Que cambia, por que é unha oportunidade —un só cambio, cobramentos á vista, gastos que entran sós— e que convén deixar feito xa.
Lelo →
VeriFactu16 de setembro de 2026
Se a túa folla leva o libro de facturas ou sácache as cifras do 303, para Facenda é un sistema de facturación. Un Excel non pode cumprir VeriFactu, e a multa por telo é fixa: 50.000 € por cada exercicio. Que di exactamente a Axencia Tributaria e as túas tres saídas.
Lelo →
Para fabricantes de software26 de agosto de 2026
VeriFactu non só obriga a quen factura: obriga a quen fabrica o programa co que se factura. Que te converte en produtor dun sistema informático de facturación, por que o teu prazo vence antes có dos teus clientes, e as tres saídas que hai.
Lelo →
Cambiar de programa26 de agosto de 2026
Traes os teus clientes e os teus conceptos desde o CSV do teu programa actual e dislle por que número ías. Non precisas a pegada da túa última factura: a cadea VeriFactu é de cada sistema. O histórico de facturas chegará nunha segunda fase.
Lelo →
Para xestorías24 de agosto de 2026
Que compras exactamente co plan Xestoría: o teu despacho con Factuza enteiro, máis a capacidade de levar a contabilidade de N clientes. Eles non precisan conta; se algún quere a súa, contrata a súa licenza e séguete tendo dentro.
Lelo →
Para xestorías17 de agosto de 2026
Como se leva unha carteira enteira: elixir con que cliente se traballa, revisalo sen poder emitirlle nada por erro, sacar os seus borradores de impostos e dalos de alta pegando a lista desde unha folla de cálculo. Con capturas de cada pantalla.
Lelo →