Factuza sae o 1 de setembro de 2026. Se queres integrar antes, falamos. Falamos antes
VERI*FACTU será obrigatorio o 1 de xaneiro de 2027 (sociedades) e o 1 de xullo de 2027 (autónomos).
Para fabricantes de software

O teu software factura. Iso non significa que teña que ser un sistema de facturación homologado.

O teu programa chama á nosa API. A numeración, a pegada encadeada, o QR, a remisión á AEAT e a declaración responsable poñémolas nós.

Sen permanencia · o sandbox é gratuíto e sen límite de tempo

$ curl -X POST https://api.factuza.com/facturas \
    -H "X-Api-Key: $FACTUZA_CLAVE" \
    -H "Idempotency-Key: pedido-8842" \
    -d '{ "nifEmisor": "B12345674",
          "destinatario": { "nif": "12345678Z", "nombre": "Ana Ruiz" },
          "base": 1250.00, "tipoIva": 21 }'

201 Created
{
  "numSerieFactura": "FA2026-0118",
  "huella": "9F2C…A31D",
  "qr": "https://prewww2.aeat.es/wlpl/TIKE-CONT/…",
  "pdf": "/facturas/4821/pdf"
}

Unha chamada. A cadea de pegadas, o QR e a remisión van por detrás.

0 €o sandbox, sen caducidade
3,99 €por obrigado co paquete de 100
OBTquen asina a declaración responsable
0permanencia: vaste cando queiras

O marrón non é emitir a factura. É todo o que vén detrás.

Facer un PDF cun número correlativo tíñalo resolto hai dez anos. O que cambia con VeriFactu é o demais: cada factura xera un rexistro de facturación encadeado por SHA-256 co anterior dese mesmo emisor, co seu QR de cotexo, que hai que remitir á Axencia Tributaria e conservar sen poder tocalo.

E enriba hai que declaralo. O artigo 13 do RD 1007/2023 obriga o produtor do sistema a asinar unha declaración responsable por cada versión que publica. Iso significa que cada vez que despregas, alguén da túa empresa está a asinar que ese código cumpre.

Con isto, ese alguén somos nós.

O que deixas de manter

  • A cadea de pegadas por emisor, e a súa orde estrita cando hai concorrencia.
  • O XML do rexistro, byte a byte, porque a pegada calcúlase sobre ese texto exacto.
  • O certificado de representación, a súa renovación e a súa custodia.
  • O QR de cotexo coa súa URL e os seus parámetros.
  • A remisión, os seus reintentos e os códigos de erro da AEAT.
  • A declaración responsable de cada versión.
  • E o que a AEAT cambie a partir de mañá.

A túa primeira factura, nunha tarde.

Cinco chamadas REST. Nin SDK obrigatorio, nin SOAP, nin certificados no teu servidor. A guía completa está na documentación.

1 · Dás de alta o obrigado

POST /emisores co NIF e o nome do teu cliente. Se o teu programa incorpora clientes pola súa conta, a túa chave pode facelo soa; se non, dánse de alta desde o panel.

2 · Emites

POST /facturas. Contestamos en milisegundos co número de serie, a pegada e os datos do QR. O teu usuario non espera pola AEAT para ter a súa factura.

3 · Avisámoste

Cando a AEAT responde, chégache un webhook asinado co resultado. Non tes que preguntar factura a factura, que é como os rexeitamentos se descobren tarde.

O que levas ademais

  • Sandbox gratuíto e sen caducidade, con datos de xoguete. Non conta nada nin se remite nada.
  • O PDF co seu QR xa montado, ou só os datos do QR se prefires renderizar ti.
  • Idempotencia de verdade: unha cabeceira Idempotency-Key e un reintento teu non emite dúas facturas.
  • Anular e rectificar como operacións distintas, as dúas co seu rastro.
  • A exportación legal do artigo 10, que é o que hai que entregar nunha inspección.
  • Mantemento normativo incluído. Cando a AEAT cambia algo, cambiamos nós.

Págase por obrigados, non por facturas.

Escolles o paquete que che cabe. Dentro, cada obrigado ten 3.000 rexistros ao mes incluídos, que son moitos máis dos que emite un negocio normal. O paquete é á vez o prezo e o cupo: non hai sorpresas a fin de mes.

ObrigadosCusto ao mesPor obrigado
10129 €12,90 €
25189 €7,56 €
50269 €5,38 €
100399 €3,99 €
Máis de 100Falamos

Prezos sen IVE. Ao encher o paquete pásase ao seguinte. No tramo de 10 o custo por obrigado sae por riba do plan Autónomo de 12 €: alí non estás a mercar volume barato, estás a mercar non ter que homologarte. A partir de 25 a conta dá a volta soa.

3,99 € por obrigado

Exemplo con 100 clientes: cústache 399 € ao mes. O que lles cobres a eles pola parte de facturación do teu programa decídelo ti: non poñemos prezo de revenda nin pedimos que apareza a nosa marca no teu produto.

E se un obrigado pasa dos 3.000 rexistros nun mes? Non se corta nada: o exceso factúrase a 2 € por cada 1.000. O único que si corta é o límite de 600 peticións por minuto, que está para que o bucle roto dunha integración non afecte ao resto.

Quen responde de que, escrito.

É a pregunta que fai todo o mundo na segunda reunión, así que vai aquí e non na letra pequena.

Nós somos o sistema informático de facturación. OBTechnologies asina a declaración responsable do artigo 13 do RD 1007/2023 por cada versión do motor, e esa declaración está publicada e descargable coa súa pegada SHA-256 en factuza.com/legal. Respondemos de que o rexistro se xera ben, se encadea ben, se remite e non se pode alterar.

Ti respondes do teu programa: de que os datos que nos mandas son os que o teu usuario introduciu, e do que o teu software fai coa resposta.

O teu cliente segue sendo o obrigado tributario. Iso non o cambia ningún contrato: a factura é súa e a responsabilidade fiscal tamén.

Dúas cousas que non facemos

Non falamos cos teus clientes. O soporte de primeiro nivel dáralo ti, que es quen coñece o teu produto. Nós atendémoste a ti, e por iso isto custa o que custa.

Non te obrigamos a amosar a nosa marca. Podes integrar Factuza sen que o teu usuario saiba que existimos. O único que non se pode agochar é o que a norma esixe que apareza na factura e no QR.

Os teus clientes sociedade teñen data: 1 de xaneiro de 2027.

E os autónomos, o 1 de xullo de 2027. Se o teu programa emite facturas e para esa data non cumpre, os teus clientes van buscar outro que si. Homologarte pola túa conta é un proxecto de meses; isto é unha tarde de integración e un paquete ao mes.

As que saen sempre.

Estádesme a quitar o cliente?

Non. O obrigado que dás de alta pola API non ten conta de Factuza nin a ve. Se algún día quere unha, contrátaa á parte e segue sendo cliente teu do programa que lle vendiches.

E se caedes vós?

A emisión non espera pola AEAT: contestamos en milisegundos e remitimos por detrás. E se a AEAT non está, reinténtase soa. Os rexistros están en Azure, rexión España Central, con copias.

E se deixo de traballar convosco?

Non hai permanencia. Levas os rexistros de facturación dos teus obrigados no formato estandarizado do artigo 10, que é exactamente o que necesitarías para seguir noutro sitio.

Podo probar antes de pagar?

Si. O sandbox é gratuíto, sen límite de tempo e non conta nin remite nada. Págase ao pasar a produción. Escríbenos e dámosche acceso.

Emito para o País Vasco ou Navarra

Alí non manda VeriFactu senón TicketBAI —un por deputación foral— e o sistema navarro. O motor está preparado para ese reparto, pero hoxe só remitimos á AEAT: dinolo e contámosche por onde vai.

Usades IA para calcular impostos?

Non. O cálculo fiscal fano regras escritas e auditables. A IA non decide ningún tipo de IVE en ningún punto do motor.

Unha tarde e unha chave de probas.

Escríbenos con dúas liñas sobre o teu produto e cantos clientes facturan con el. Dámosche acceso ao sandbox o mesmo día e dicímosche, sen rodeos, se isto che encaixa ou non.